Especiais

Por aquí vos quedan todo tipo de noticias raras, curiosas e extraordinarias que atopemos relacionadas sempre coa literatura.

Non dubidedes en deixar algún comentario se descubrides algunha nova que se nos escape, así poñémola en común!! E por suposto...para saber qué opinades!!


Para comezar esta nova sección imos empregar a pintura e, neste caso, podemos ver un cadro do pintor surrealista polaco, Jacek Yerka. Ao contemplar esta formidable pintura por primera vez, tárdase un chisco en asimilar todos os seus compoñentes pero cando se consegue crea tal sensación de expectación e de alucine que era necesario compartilo con vós. No seu conxunto, podemos dicir que este cadro simboliza a realidade do lector: cando estás lendo (plano secundario da butaca e da lámpada), o peso da vida real (o río) é engaiolado pola forza da lectura (o muro de libros) facendo que te olvides desa realidade e perdas a noción do tempo, como ben vos sabedes. 


Ningún comentario:

Publicar un comentario