Boas, queridos lectores!
Un día máis, estamos aquí para falarvos dunha historia conmovedora e moi romántica. Trátase do libro de Jandy Nelson, El cielo está en cualquier lugar.
Un día máis, estamos aquí para falarvos dunha historia conmovedora e moi romántica. Trátase do libro de Jandy Nelson, El cielo está en cualquier lugar.
Un aviso moi importante antes de comezar a falar de nada. Polo voso ben, nin se vos ocorra ler o resumo da Wikipedia nin de Casa del libro, conteñen spoilers que poden fastidiarvos o libro.
Como puidéchedes ler na sinopse, Lennie é unha rapaza normal e corrente, cuxo libro favorito é Cumbres borrascas,
Resulta que a irmá tiña un mozo, Toby, pois, claro está, o rapaz atópase destruído pola morte dela e busca apoio moral en Lennie e esta como comprende completamente polo que está pasando Toby e, ademais, síntese identificada ca súa dor, intenta axudalo. O que pasa é que esta conexión que teñen debido a dor pola pérdida acaba convertíndose en algo máis: nunha estraña relación, porque non é unha relación, en ningún momento o definen así, pero non poden evitar iso que os leva a bicarse.
Na vida de Lennie entra outra persoa, un rapaz novo no lugar que se chama Joe. Joe nunca coñeceu a Bailey, porque el mudouse de Francia ao pobo onde vive Lennie despois da morte de súa irmá. É un rapaz que lle fai querer ser feliz e loitar polo que quere, que a ela lle dá moita felicidade porque sempre a mira cun sorriso na cara e que lle fai esquecer que súa irmá morreu.
Despois de todo iso, atopamos que Lennie non recorda a súa nai, non porque ela teña amnesia ou algo así, senón porque súa nai deixounas con súa avoa cando ela só tiña 1 ano, máis ou menos, e Bailey coma 3, creo. A súa avoa sempre lles di que súa nai vai volver algún día e que marchou porque tiña o "xen inquedo". Ti les eso e pensas, vaia conto chino, abandonounas e punto, pero as rapazas realmente querían crer o que lles dicía porque a realidade era demasiado dura para aceptala e afrontala. Isto de non medrar cunha nai ao seu lado afectounas, por iso o vínculo que mantiñan as dúas irmás era moi forte. Bailey era a constante de Lennie, a que lle dicía que nunca ía deixala como o fixo súa nai, pero por desgraza non puido cumprir a súa promesa e tivo que deixar a Lennie soa neste mundo.
Lennie pensaba que coñecía completamente a súa irmá e que sabía todos os seus segredos, pero conforme vai pasando o tempo, vai descubrindo cousas de Bailey das que non tiña constancia da súa existencia. Entón empeza a cuestionarse de se realmente sabía o que súa irmá quería na vida e empeza a darse de conta de que ten que tomar as rendas da súa vida e ser o cabalo guiador e deixarse de ser o pony
A "relación" que ten con Toby é rarísima, ao principio resultábame incomprensible como podía facer eso
Por outra parte está Joe. Joe... Aiii Joe.... Joe é o home perfecto, sabe de música, toca moitos instrumentos e sabe de literatura, que máis se pode pedir? Como xa dixen antes, trae alegría a vida de Lennie e esta quéreo e nótase que o quere, está namorada del e el corresponde ao seu amor, pero todo o mundo sabe que non podes estar con dúas persoas ao mesmo tempo...
O libro trata, basicamente, da vida de Lennie despois da morte de súa irmá e a súa entrada no mundo do amor e das relacións. Ademais hai como anotacións feitas por Lennie en vasos de plástico, en árbores, en panos de mesa, etc. e son realmente interesantes porque che fan comprender máis a protagonista.
Teño que confesar que chorei con esta historia, non o puiden evitar, é moi bonita e aínda che fai pensar algo, que sempre está ben algo de reflexión mentres lemos. Chegoume á pataca e recoméndovolo, porque non ten unha extensión excesiva, unhas 300 e algo de páxinas que iso para un lector non é nada.
Nada máis que engadir, así que xa sabedes...
Agardamos que pasedes un moi, moi bo DÍA DO LIBRO!!!
Aburiño!
Ningún comentario:
Publicar un comentario