domingo, 28 de febreiro de 2016

Reseña: "Las ventajas de ser un marginado" de Stephen Chbosky

"Charlie tiene 15 años y se ha quedado solo tras el suicidio de su mejor amigo. Vive con sus padres, su popular y guapa hermana y un hermano mayor que es una estrella del fútbol americano y que está a punto de comenzar la universidad. Su profesor de lengua está convencido de que Charlie posee una gran capacidad intelectual. Tras conocer a Sam y Patrick empieza a comprender lo que es ser un adolescente, y comienza un viaje hacia la madurez que le llevará a recorrer caminos nuevos e inesperados. Con ellos descubre nueva música, empieza a beber, fumar y coquetear con drogas, cambia de amigos… ¡Hasta que se convierte en un joven de verdad!"

Boas lectores!

Hoxe toca un libro moi especial, toca Las ventajas de ser un marginado de Stephen Chbosky!!!!

Esta historia está contada a través de cartas, si cartas, cartas que un rapaz envía a unha persoa, a cal non sabemos quen é. Este rapaz na primeira carta, que é do 1991, dille ao destinatario da mesma que non quere que sepa quen é el, así que cámbialle os nomes as persoas. El vaise chamar Charlie e Charlie é este rapaz de 15 anos que vas adorar por ser tan dulce e inocente e franco e que daste de conta de que merece ser feliz. É un marxinado tamén, non ten amigos e dedícase a observar a xente e a escoitala sen dicir nada estaría encantada de telo como amigo.

Charlie empeza a escribir o día antes de empezar a escola secundaria (os americanos chámanlle á secundaria cando empezan con 14 ou 15 anos nun High School) e el ten medo, porque o único amigo que tiña suicidouse e el tampouco é precisamente unha persoa moi sociable...

Para Charlie a secundaria é dura, cóstalle adaptarse, pero coñece a Sam e a Patrick, que son dous irmáns que o adoptarán no seu grupo de amigos e que lle axudarán a crecer como persoa e adentrarano no mundo das festas, da boa música e incluso da bebida e das drogas. 

A Charlie encántalle ler, si señores, un gran lector o rapaz perfecto. O seu profesor de literatura mándalle libros para ler e Charlie di que o último libro que le sempre é o seu libro favorito. Pode ser máis riquiño? 

Vas avanzando na historia e ves que Charlie, a pesar de ter tan só 15 anos, pasou por moitas cousas, non só a morte de Michael, o seu mellor amigo, tamén outros problemas que lle afectaron moitísimo, tanto que aínda que ten 15 anos, no seu pensamento é un neno, un neniño que non se dá de conta das cousas realmente malas polas que pasou. Pero vai madurando e decátase que eso non estaba ben e ti sínteste moi mal por el. A min polo menos pasoume.

E así: madurando, rindo, chorando, enfadándose e descubrindo novos mundos, chegamos a coñecer a Charlie, un rapaz que non nos pasará desapercibido.

Fixeron película deste libro. Recomendo vela, pero despois de ler o libro, porque eu vin a película antes e si, está moi ben e gustárame moitísimo, pero despois lin o libro e buff... o libro é demasiado, méteste de cheo na historia e é impresionante. Aínda así a actuación dos actores é boísima e Logan Lerman (que é o actor que dá vida a Charlie na película) fixo unha interpretación excelente. Pero o libro é o libro, seino, sabédelo, sabémolo.

Este libro é imprescindible que o leades, porque a min encantoume e encantáronme as cancións que Charlie escoitaba, encantoume como Charlie é .  Lédeo xa e comentade as vosas impresións aquí!

Deixovos aquí unha das cancións favoritas de Charlie e o trailer da película:





Xa sabedes...

Ningún comentario:

Publicar un comentario