sábado, 19 de decembro de 2015

The A Team, Ed Sheeran

1. RECAIDA

Cando isto acabe,
só dime se todo o vivido ao meu carón      
compensou a dor.


-Non desvíes a mirada, por favor. Non. O. Fagas.-

Está a escasos metros de min. Tan cerca que podería alcanzala nun abrir e pechar de ollos, se non fose por ese maldito abismo infinito que duramente impón coa súa mirada. Esa mirada que tempo atrás brillaba como as estrelas pero que agora está apagada. Quen sabe se para sempre ou simplemente ata que a morte a reclame. Sei que a culpa non foi miña, eu só quixen salvala. Salvarnos de todos os que nos quixeron facer dano; pero sabía dende o primeiro momento que eu non valía para isto, que non son un heroe que salva damiselas en apuros no seu castelo en lapas.


Eu simplemente son Josh. O seu Josh. A persoa na que ela confiou para traela de volta á vida, quen a collería unha e mil veces despois de que ela caese nese noxento fondo no que agora volve a estar somerxida. 

Necesito que me escoite para poder dicirlle que todo foi un mal entendido, que non vale a pena arriscar a súa vida outra vez por mor deste corrompido mundo no que vivimos e da súa xente. Non consigo que me escoite. O único que fai é mirar fixamente para min, e se non fose porque vexo o seu peito subir e baixar bruscamente, pensaría que xa estaba alí, á beira da miña irmá maior quen non se preocupou pola súa familia e decidiu, egoistamente, marchar para sempre. 


-Lydia, escóitame, deixa iso onde estaba.- Dáme medo acercarme a ela e que por acto reflexo ela cause unha gran desfeita na súa vida e, á vez, na miña. Se soubera como salvar unha vida ... 


-Se poidese faría o posible para ir a onde sexa que ti vaias, pero sabes que non podo. Estou condenado a estar aquí de por vida, sabes como é a miña historia; sabes todo de min, así que simplemente pelexa co que sexa que estea na túa mente. Non deixes que se apodere dela. Ninguén. Nada.- 

Lentamente vexo como levanta a man dereita. 

Non o conseguín. 
Parece que todo se acabou. Sempre estiven destinado á unha vida de sufrimento e fun un iluso por pensar en que podía disfrutar dela. 

Dáme igual se a miña vida está prescrita. Dáme igual o que digan eles, porque todos neste mundo están equivocados. 

Pero sobre todo, o mundo está moi equivocado comigo. Non sabe quen son eu. 

Eu son Josh. O seu Josh.




NOTA DO AUTOR: por favor, pedimos que neste Especial II Aniversario se respeten os dereitos de autor de todas as historias da nosa colleita que se vaian publicar. GRAZAS!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario