venres, 25 de decembro de 2015

Everything has changed, Ed Sheeran & Taylor Swift

2. Tempo antes
Morro cada vez que te afastas,
non me deixes a soas.
Verás, téñolle medo á escuridade e aos meus demos,
e ás voces que me din que nada vai ir ben.
Síntoo no meu corazón, na miña alma,
na cabeza, que estou perdendo a cordura. 
Ti. Eu. 
Estás maltratando cada razón
que me queda para vivir.


Penso que non podo estar máis aburrido. Levo sentado aquí dende que a cerimonia comezou e diso xa vai máis alá dunha hora. Quero saír á fóra. Estou farto de escoitar ao cura e aínda máis de ver como meu pai mira para Adela con ollos de cachorro mentres a adula en cada momento que pode, con noxentos bicos na man e nada máis que mentiras. Non sei nin por qué fai iso, por Deus, estanse casando! Non fai falla que lle siga facendo a pelota para que se casen; el xa conseguiu o que quería: unir a familia de Adela, unha familia prestixiosa e con diñeiro, coa del, unha familia (se é que se lle pode chamar familia a tan só un pai e un fillo) pobre e de mala reputación. 

Paso somerxido o resto da cerimonia nos meus pensamentos e cando vexo que todo o mundo comeza a levantarse por orde do cura, escapo pola porta lateral da Igrexa. Prendo un chisqueiro para acender o cigarro que lle collín do bolso á muller que estaba ao meu carón no banco da Igrexa e doulle as solapas do meu abrigo para arriba. Fai un día espantoso e o único que podo divisar entre a densa néboa é a absurda limusina prateada que meu pai alugou e, un chisco máis ao fondo, unha rapariga cun vestido cor esmeralda e cun pelo negro incriblemente largo... e bonito. Avanzo uns poucos pasos para poder observala máis de cerca e xusto no momento que exhalo o fume do tabaco, os seus ollos encóntranse cos meus. O paso que estaba dando vacila e fai que o meu corpo se desequilibre e teña que facer unha manobra para non escorrer no céspede mollado. Vaia, non me esperaba iso. Miro para ela e vexo que se está rindo do que acaba de acontecer. Cousas máis vergoñentas me sucederon, así que sigo avanzando cara ela, sen inmutarme polos seus ollos cor verde, case da mesma cor ca o vestido que leva posto. Cando ve que estou moi cerca dela para de rirse de súpeto e levanta a cabeza para mirarme, posto que eu mido 1.87 e ela medirá como moito 1.70. 


-Perdoa por rirme pero foi bastante patético o que che acaba de acontecer.- 

-Grazas. Polo menos vexo que lle alegrei o día alguén.- O único que quería que viñese a esta voda foi meu pai, pero creo eu que só estaba interesado no regalo da voda. Non podo ocultar un pequeno sorriso ao pensar na cara que poñerá Adela e máis meu pai cando vexan o pequeno detalle que lles trouxen. Nun principio non lles ía traer nada, evidentemente, pero cando pasei por diante dunha tenda erótica acordeime de que os noivos ían abrir os regalos diante dos invitados (todo sexa por presumir) e pensei que non podía haber mellor forma de que comezaran o seu matrimonio ca deixando a Adela en vergoña diante das súas maniáticas amigas e da súa familia. A rapaza de ollos verdes mal interpreta o meu sorriso, debe pensar que estou sendo un cabaleiro amable e simpático, ou algo polo estilo. 

-Eu non diría alegrar pero bue, algo é algo. Se me desculpas, teño que marchar se non quero que a noiva monte un maldito escándalo cando vexa que non chega o seu precioso anel de vodas ao altar... 

Teño ganas de liscar de aquí canto antes, así que paso de contestarlle á morena e diríxome ata o aparcamento. Sinto como uns ollos verdes me seguen coa mirada así que míroa de esguello e vexo que a rapariga ten na man dereita un cigarro, pero o que de verdade me chama a atención é a tatuaxe en forma de estrela que ten no pulso. Supoño que será casualidade, así que sigo andando uns poucos pasos ata que a escoito berrar.

- Oíches, non terás un chisqueiro, non?- Medito sobre se seguir o meu camiño e facer como se na acabase de oír ou dar media volta e poder ver de cerca esa tatuaxe. Decido facer isto último e cando chego ata onda ela pregúntolle mentres lle acendo o cigarro: 

- E esa tatuaxe?-

- Que ten?-

- Que que simboliza.-

- Eres algo entrometido para ser que non falas moito.- Nunca antes me chamaran "entrometido" e, definitivamente, non me gusta. Retomo o meu camiño cara o aparcamento, xa de mal humor outra vez. Sabía que non tiña que vir á voda pero fun o suficientemente parvo como para vir e ver a un montón de xente que odio (sobre todo a Adela), a meu pai refacendo a súa vida e presenciar como me chaman entrometido a cara. Se algo non son, é entrometido. Non me gusta conversar con persoas que non merecen o meu tempo, prefiro quedar á marxe e meditar sobre a miña patética vida. 

Poño o casco da moto e monto nela mentres que a acendo coa chave. Nun abrir e pechar de ollos xa estou fora do aparcamento e rumbo ao meu piso ou a calquera outro sitio, e o último que vexo, é á maldita rapariga mirando para min con cara de poucos amigos. 

Ben. Creo que te acabas de gañar outro inimigo máis, Josh. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario