martes, 18 de agosto de 2015

Reseña: "Sola. Carta a mi secuestrador" de Lucy Christopher




"Un extraño de ojos azules observa a Gemma desde la esquina de un café en el aeropuerto de Bangkok. Ella aún no lo sabe, pero Ty es un joven que la ha seguido durante años y que piensa llevarla a vivir con él al desierto australiano. Gemma de pronto se encuentra cautiva en un territorio desolado e inhóspito del que parece no haber escapatoria. ¿Cómo alejarse de Ty, sabiendo que su vida está en sus manos" 
Boas de novo, cibernautas!!!!

Hoxe toca un libro espectacular, Sola. Carta a mi secuestrador!!!!!!!

Primeiro, quero dicírvos que está escrito en segunda persoa, unha novidade en toda regla. A protagonista escríbelle ao seu secuestrador "unha carta", moito de carta tampouco ten porque non hai datas nin un comezo de: Querido... E nela fálalle do tempo que estivo con el no deserto e tamén de como a secuestrou e situacións do pasado dela nas que el, discretamente, participou, aínda que ela non se decatou da súa presenza.

Entón, para Gemma, a secuestrada, todo comeza cando o ve no aeroporto de Londres e resulta que o volve ver no aeroporto de Bangkok. Ty, o secuestrador, moi cortés mércalle un café, porque ela non ten cartos nese momento para pagalo. A ver, o home era guapo, tiña ollos azuis que lle fixeron confiar nel, pero resultou ser coma a canción que todo o mundo coñece: Ollos verdes son traidores, azuis son mentireiros, negros e acastañados son firmes e verdadeiros! No café botoulle un medicamento para confundila e el, como xa tiña todo planificado, meteuna nun avión e conseguiu levala ao medio do deserto de Australia.

Gemma recorda moi pouco do viaxe, xa que tiña como o cerebro embotellado e nin sabía o que facía. Desperta nunha habitación que non recoñece, pero "alégrase"  porque non está atada e agora o home que lle parecía atractivo no aeroporto dáballe medo e parecíalle malo. Ty non a violou nin lle fixo nada, pero aínda así está aterrada e el dille que está a salvo e ela queda durmida.

Non sabemos canto tempo pasa ata que volve espertar, pero ao atoparse soa na habitación decide saír e averiguar onde se encontra. Cando descobre que está no medio do deserto despespérase, totalmente comprensible e intenta escapar, pero atopábase no medio da nada e, naturalmente, Ty atopouna. Resístese e intenta liberarse del para fuxir, pero era incapaz. Cando chegan a cabaña onde a ten cautiva, el lévaa ao baño para limpar as feridas que se fixo e ela empeza a tirar cousas. Cando rompe unha botella de cristal, e ve os anacos rotos ocórreselle unha idea moi pero que moi arriscada e faise un corte no pulso. Ty reacciona a tempo e non tivo nada que lamentar, pero aínda así a partir dese momento ten coidado cos obxectos que lle deixa a ela.

Transcorre o tempo, Gemma segue intentando fuxir e Ty sigue dicíndolle que non quere facerlle dano e, sen querer, os dous vanse coñecendo pouco a pouco e vanse descubrindo eses momentos nos que apareceu el na vida dela, aínda que ela non recordaba velo nunca na súa vida ata o seu encontro no aeroporto. Gemma empeza a sentir algo máis por Ty...

Non vos vou seguir contando máis da historia que senón xa sabedes todo sen lelo, pero téñovos que contar a miña impresión do libro.

Ao principio, cando lin que a secuestrara quedei flipando, alucinando, en estado de shock, vale que o título xa dera moitas pistas non, pero aínda así foi moi raro. Estaba cabreada co personaxe de Ty, pensaba que estaba tolo e que era un psicópata. Pero a medida que ía lendo e lendo non era capaz de manter o meu enfado, porque el non lle facía nada a Gemma, se quitamos o asunto de que a secuestrou e a levou lonxe de seus pais SPOILER ela só ten 16 anos FIN DO SPOILER. Ademais parecía boa persoa e trataba que ela non se fixera dano a si mesma, coidaba dela, daba a sensación de que realmente a quería moitísimo.

Acabei o libro e volvínme tola, realmente, entrei na páxina web da escritora buscando respostas, pero resulta que ela deixa que ti decidas a resposta á pregunta que todo o mundo se fai ao acabar o libro SPOILER ten Gemma o síndrome de Estocolmo ou os sentimentos que ten hacia Ty son verdadeiros? FIN DO SPOILER. Fai coma máis de seis meses que lin este libro e aínda non o teño claro, a veces penso que ata eu o tiña e o sigo tendo. Acabei moi confusa, porque non sabía que pensar e recapacitei e penseino ben, pero sen darte de conta vas querendo a Ty aínda que sexa un pouquiño! Decisións, decisións...

Deixovos o enlace a páxina web da escritora aquí, nela podedes atopar algunhas preguntas que ela respondeu sobre o libro e tamén un trailer oficial do libro.

Non hai máis que dicir. Xa sabedes...




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario