sábado, 22 de agosto de 2015

Data de estrea "Animales fantásticos y dónde encontrarlos"!

A espera foi dura, pero por fin coñecemos o día. O día no que choraremos de alegría pola estrea dunha nova película do mundo máxico de Harry Potter. O día no que chega as grandes pantallas Animales Fantásticos y dónde encontrarlos!!!!!!!!
 18-11-2016
Sei o que estades pensando, 2016 que lonxe queda, pero tranquilos sempre poderedes ler o libro no que está basado a película, aínda que a película conta as aventuras de Newt Scamander e o libro está escrito por el explicándonos cousas sobre estes animais fantásticos cos que el se atopou nas súas aventuras. Ademais é un dos libros que se requiren en Hogwarts.

Todo o mundo sabe que o libro foi escrito por J.K. Rowling para unha organización benéfica baixo o pseudónimo de Newt Scamander e ata contén anotacións de Harry, Hermione e Ron, porque se supón que era o libro que utilizaba Harry cando estaba en Hogwarts.

Xa coñecemos algúns actores que participan na película, pero o máis importante é a persoa que vai facer de Newt Scamander e ese vai ser Eddie Redmayne, actor que fixo de Stephen Hawking en La teoría del todo pola cal ganou un Óscar.
A cousa non acaba cando acabe esta película, senón que Animales fantásticos y dónde encontrarlos vai ser unha triloxía. O primeiro filme sairá, como xa dixen, o 18 de novembro de 2016, o segundo prevese para 2018 e o terceiro e último para 2020.

O universo Harry Potter continúa! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario