martes, 20 de xaneiro de 2015

Tres razóns polas que ler... Futuro imperfecto

"Durante as décadas de 1980 e 1990, moitos mozos descubriron simultaneamente o amor e a droga. As consecuencias desa vivencia marcáronos para sempre, a algúns de xeito dramático. Este libro é un reencontro con ese tempo, coa súa presenza proxectada no futuro. Un futuro que xa non pode ser perfecto mais é esperanzado.

Vida e literatura ás veces camiñan á par. Iso acontece neste libro, no que Xulia Alonso narra a historia máis importante da súa vida: a do seu amor por Nico e a da experiencia da súa perda."

Descubrimos este estupendo libro de Xulia Alonso grazas ao club de lectura Coristranca. Non temos palabras para describir todo o que esta historia nos fixo sentir, é demasiado. Pero aí van tres razóns polas que lelo:
  1. Está basado en feitos reais. A propia autora relátanos a súa tráxica e propia experiencia coas drogas.
  2. É un verdadeiro drama co que choras porque non podes crer que iso era* a realidade desas décadas.
  3. Xa coñeces o final da historia no comezo, pero iso non fai que o golpe do final doia menos.
*Case vinte décadas despois, a SIDA sigue a ser unha das enfermidades contaxiosas que máis mortes causa.

Por certo, como dato curioso queremos que saibades que a parella da portada son a autora do libro, Xulia Alonso, e Nico, o amor da súa vida.

Nada máis que dicirvos, xa sabedes...

Ata outra!


Ningún comentario:

Publicar un comentario