domingo, 18 de xaneiro de 2015

Adaptación cinematográfica de "The Duff"


Bianca no se considera la más guapa del instituto, pero sí demasiado lista para dejarse engañar por el atractivo y mujeriego Wesley Rush. Por eso, cuando Wesley la llama Duff –apodo que utiliza para referirse a la chica menos agraciada de un grupo de amigas–, lo último que ella espera es acabar besándose con él. Pero ha pasado y, aunque lo odia con todas sus fuerzas, el beso le gusta. Y sin apenas saber cómo, empiezan una relación secreta de amigos (o enemigos) con derecho a roce. Poco a poco, Bianca descubrirá que tienen algo en común: ambos esconden un problema familiar. Resulta, además, que él la comprende y la escucha. De pronto se da cuenta, con horror, de que tal vez haya algo más que sexo entre ellos.

Parece que o tempo en Galicia non dá tregua, queridos frikis, pero que mellor tempo ca este para ler un bo libro?

Pois onte a tarde rematei de ler este libro da autora Kody Keplinger e a verdade é que me enganchou ata o final... por segunda vez!!! Ademais de ter moitas ganas de volvelo a ler para refrescar a memoria, queríavos contar coa cabeza ben centrada que HAI FILME DESTE LIBRO!!

Si si! Así como vós conto. Pero sinto ser eu quen vos dea a seguinte mala noticia.
*Respiración profunda *
O filme NON é fiel ao libro.


A ver, recapacitemos por favor... 

Un dos grandes inconvenientes que ten o feito de facer unha película dun libro é que sempre hai algo que se sae do libro, por dicilo así. Sexan escenas importantes do libro eliminadas na peli ou a morte dalgún personaxe nela. Pero o feito de que cambiasen a trama? Creo que non hai nada peor para os lectores ca que che desordenen as ideas que tes (ou tiñas) organizadas meticulosamente. A pesar das críticas negativas que está a recibir esta adaptación polo cambio da historia, estou desexando ver a película!!! Espero que quedara tan ben coma o libro Ja Ja Sabedes que iso é imposible así que rectifico o dito: espero con moitas ansias vela e poder darlle o meu visto bo. Oxalá! 


ACTORES DO FILME:

  - Como Bianca...Mae Withman



- Como Wesley Rush... Robbie Amell 



- Como Casey (amiga da prota)....Bianca Santos


- Como Jess (amiga da prota)... Skyler Samuels 


- Como Toby (amor platónico da prota)... Nick Eversman 


- Como Madison (quen non existe no libro)... Bella Thorne 




En canto aos actores, non teño queixa ningunha  (a excepción dos que interpretan a personaxes non existentes no libro, claro está). Aquí vos deixo o tráiler da película e a súa "nova" sinopsis! Xa veredes se hai diferenza ou non... 



Bianca (Mae Whitman) es una estudiante que descubre que entre la gente popular del instituto tiene puesta la etiqueta de "la D.U.F.F.", la más fea de un grupo de amigas. En un intento para que no cunda el caos en su último año escolar, decide pedir la ayuda de su encantador vecino el deportista, Wesley (Robbie Amell), para poder reinventarse y desprenderse del despreciable calificativo y poder conseguir una cita con Toby (Nick Eversman), su amor platónico.

En Estados Unidos este filme será estreado moi pronto,contra o día 20 de febreiro e en España aínda non hai data definitiva, por desgraza.


Espero que antes de que vexades a peli vos animedes a ler o libro porque de verdade que é unha lectura fácil, divertida e moi recomendable. 

ABUR, FRIKIS!


Ningún comentario:

Publicar un comentario