domingo, 28 de decembro de 2014

Reseña: "El niño con el pijama de rayas" de John Boyne

"Estimado lector, estimada lectora:
Aunque el uso habitual de un texto como éste es describir las características de la obra, por una vez nos tomaremos la libertad de hacer una excepción a la norma establecida. No sólo porque el libro que tienes en tus manos es muy difícil de definir, sino porque estamos convencidos de que explicar su contenido estropearía la experiencia de la lectura. Creemos que es importante empezar esta novela sin saber de qué trata.
No obstante, si decides embarcarte en la aventura, debes saber que acompañarás a Bruno, un niño de nueve años, cuando se muda con su familia a una casa junto a una cerca. Cercas como ésa existen en muchos sitios del mundo, sólo deseamos que no te encuentres nunca con una. Por último, cabe aclarar que este libro no es sólo para adultos; también lo pueden leer, y sería recomendable que lo hicieran, niños a partir de los trece años de edad."

Boas cibernautas, recén lido desta finde chega "El niño con el pijama de rayas"!!!!
Toda a historia está contada dende a perspectiva de Bruno, un cativo que vive en Berlín xunto coa súa nai, seu pai e súa irmá maior Gretel. Este rapaciño só ten 8 anos e entón é moi inocente, esta mentalidade dota a novela tamén desta característica.

Debido ao traballo do pai de Bruno, toda a familia ten que mudarse a Auchwitz, no libro o neno chámalle Auchviz, pero dase a entender que se refire ao lugar onde se atopaba o campo de concentración. O pai del era o xefe do campo de concentración e traballaba para o Furias, así é como nomean a Hitler. Según vas lendo vas descifrando a que se refire Bruno cando el non entende iso e cóntao coma se fora unha cousa sen importancia , xa que el non se dá de conta da metade das cousas por mor da súa inocencia, por iso sabes a quen se refire con Furias e que é Auchviz.

Bruno non quere deixar Berlín, non quere deixar a seus avós, non quere deixar aos seus mellores amigos para a toda a vida e non quere deixar a súa casa de 5 pisos. Rapidamente dáste de conta de que o neno é un mimado e un materialista, sempre o tivo todo e nunca lle faltou de nada e maioritariamente pensa sempre en sí mesmo. Pero el non pode facer nada para convencer a seu pai de quedar na cidade alemá, tenlle moito respeto a seu pai e moito medo tamén, así que resígnase.

Cando chegan a Auchwitz o raparigo sente unha gran decepción, porque non hai casas cerca da que vai vivir, que só ten 3 pisos, e non vai ter con quen xogar, lévase moi mal con Gretel como para poder xogar con ela. Pero cando se pon a mirar dende a ventá da súa habitación ve que detrás do seu xardín hai unha alambrada moi grande na que se atopan milleiros de persoas, pero el descoñece o por qué de que se atopen alí.

Ao meu parecer, o libro divídese en dúas partes. Na primeira, Bruno intenta adaptarse a vida de Auchwitz, o seu novo fogar, e cóntanos sucesos que pasaron cando el vivía en Berlín, coma que seu pai non se fala con seus avós porque súa avoa non acepta que se convertera nun soldado nazi e que o Furias fora cear a súa casa de Berlín e a partir daquilo todo foi cambiando pouco a pouco ata que chegou un día a súa casa e atópase con que se mudan a Auchwitz. Tamén nos conta que seu pai aprendeulle un saúdo, pero el descoñece que se trata do saúdo nazi. 

Na segunda parte, Bruno decide explorar os arredores e chega ata a alambrada que el vía dende a súa habitación. Así coñece a Shmuel, un neno xudío que está no campo de concentración e que rapidamente se fai amigo de Bruno, porque ningún dos dous ten prexuizos sobre o outro. 


 Antes de ler o libro eu xa vira a película, pero aínda así emocioneime igual, porque pareceume moi forte. A crueldade dunha soa persoa matou a milleiros delas e cóstame moito aceptar que esta guerra non é ciencia ficción, que pasou de verdade e con este libro quedei en estado de shock, porque fíxome aceptar que sí que exisistiu e non podo facer nada para remedialo. Por iso tamén sentín unha gran impotencia.

Unha lectura moi recomendable, lixeira e bastante curta, lese nunha tarde perfectamente. Así que xa sabedes...
 

Abur!!!!!!!!



2 comentarios:

  1. Mercedes Queixas Zas3 de xaneiro de 2015, 16:26

    Fantástica recomendación que tamén podedes ler nunha edición en galego. Feliz ano de lecturas!

    ResponderEliminar
  2. Moitas grazas, faise o que se pode! Descoñecía a edición en galego deste libro, pero máis vale tarde ca nunca! E FELIZ ANO!!!!!!

    ResponderEliminar