domingo, 23 de novembro de 2014

Reseña: "Canciones para Paula" de Blue Jeans

"Paula, una joven a punto de cumplir los 17, se ha citado con Ángel, un chico de 22 años al que ha conocido por internet. Está nerviosa e ilusionada. Los minutos pasan y el chico no llega, por lo que ella decide meterse en un café cercano. Allí tiene un divertido encuentro con Álex, un desconocido, que casualmente está leyendo el mismo libro que ella. Ambos son jóvenes y guapos... Álex tiene que irse precipitadamente porque tiene un compromiso. Cuando Paula ya se dispone a salir, aparece Ángel y se disculpa por el gran retraso. Él es periodista y esa tarde ha tenido que entrevistar a Katia, la cantante de moda...Amor, desamor, encuentros, mentiras, amistad, música… Todo tiene cabida en esta romántica historia que sin duda te mantendrá sin pestañear hasta el final."

Boas xente!!!!!!!!!! 

Hoxe traémosvos a primeira parte da triloxía de Canciones para Paula.

En primeiro lugar, este libro é realmente xuvenil e adolescente, é dicir, non vexo a meus pais lendo este libro, nin a triloxía. Así que adultos que nos esteades lendo, se o ledes e non vos gusta non me extrañaría para nada. A min, que son unha adolescente, resultoume moi meloso, pero é tragable e fun capaz de ler toda a triloxía sen vomitar aínda que estiven a piques.

Agora centrémonos na historia, principalmente todo xira arredor de Paula, unha rapaciña que cursa 1º de bacharelato e que coñece por internet a Ángel, un rapaz que lle leva 5 anos. Teño que dicir que esto xa é raro, porque todos coñecemos os perigos de internet e, que pasaría se fora un pederasta? Agora creo que estamos o suficientemente concienciados destes perigos coma para quedar con xente que nunca vimos en persoa, así que vin raro que a protagonista non desconfiara ou algo, aínda que bueno a novela é de fai 5 anos, pero é extraño igual.

Sigamos, el non chega a cita e ela coñece en Starbucks a Álex, outro rapaz da mesma idade que Ángel e que intenta facerse un oco no mundo da literatura. Coñécense dunha maneira moi bonita, sí vouvos facer SPOILER, os dous están lendo o mesmo libro Perdona si te llamo amor, sí, seino, mazo "lovely" a cousa, pero realmente bonito. 

Finalmente, cando Paula vai saír do Starbucks pois aparece Ángel e acaban coñecédose e cóntalle os motivos do seu retraso, tivo que entrevistar a Katia, cantante de pop adolescente. Isto é a trama principal, porque pódese dicir que hai coma un "cuarteto amoroso" entre Paula, Ángel, Álex e Katia. A ver, Paula quere a Ángel pero entrou na súa vida Álex, que lle cae xenial e está moi agusto ao seu carón. Por outra parte, Ángel quere a Paula, pero Katia intenta metérselle polos ollos. Así que, un lío tremendísimo.

O libro está contado por un narrador omniscente e vai saltando de escenario en escenario, entón tamén nos conta o namoramento que ten Mario, o irmán dunha amiga de Paula, por Paula; a medio-irmá de Álex, que está namorada del e dalle igual a quen teña que pisar para conseguilo, e demais argumentos se van desenrolando ao largo de toda a historia.

Non me esperaba o final, seino raro que un libro xuvenil teña un final inesperado, pero sí é inesperado e vas querer ler o segundo libro, por iso é polo que acabei a triloxía enteira!
 
Non teño nada máis que comentarvos sobre o libro, bueno podo dicir que moloume moitísimo a maneira coa que Álex difundiu os primeiros capítulos da súa novela, non vos vou contar como o fai para que o leades, pero unha maneira realmente orixinal!

Se tedes tempo, non atopades que ler e vos vedes con moito lecer, lédeo, pero tampouco é unha toleada de libro. A non ser que sexades mazo románticos e que adoredes os libros no que os personaxes non paren de dicir canto se queren entre eles, se sodes así, acabades de ter sorte, atopachedes os vosos libros!!!!!!!

Ata outra! E xa sabedes...



 

Ningún comentario:

Publicar un comentario