sábado, 25 de outubro de 2014

TREMENDAS NOVAS PARA OS NEPHILIMS!!!

XENTE, PREPARÁDEVOS!!! 

Despois do miserable fracaso da película do primeiro libro de Cazadores de Sombras chamado "Ciudad de Hueso" esta marabillosa saga será gravada e emitida en SERIES!!!  

                                   SIIIIIIIIIIIIIIIII!!!!!!!


Espero, por Deus, que facendo unha serie de CdS poidan serlle algo máis fiel ao libro. Non como a película que tivo un lote de queixas por “ facer o que lles deu a gana con ela”.

Sei que agora moitos de vós, mundanos, veredes a película e vos encantará. Comprendo iso, a peli é magnífica senón léchedes os libros. Pero os fans, os nephilims , PERDIDAMENTE NAMORADOS DESTA SAGA, devecíamos por ver unha boa adaptación do libro. Pero como escribiu John Green no seu libro de Bajo La Misma Estrella:
                                  
     “O mundo non é unha fábrica de conceder desexos”

    *Son de milleiros de corazóns partíndose*  

De momento, a propia autora Cassandra Clare tranquilizounos decindo que ela tampouco sabía que ían facer coa serie e que está tan intrigada coma nós.

As nosas dúbidas sobre esta serie son:

- O cast da película será o mesmo na serie? 
- Emitirán a serie en todos os países?

E o máis malditamente matador de todo é:
¡¿EMPEZARÁN A SERIE DENDE O PRIMEIRO LIBRO (Ciudad de Hueso) OU O SEGUNDO (Ciudad de Ceniza)?!

A verdade é que, como nephilim e gran fan desta saga estou moi MOI impaciente por saber que demonios van facer!! E tamén se farán película/serie de Los Orígenes.

Pero tranquilizádevos, todo o malo ten o seu bo. Se fan a serie de televisión teremos a oportunidade de ver a personaxes coma Raphael, que non saiu  na película, ou a Maia.

E a vós? Que vos parece? 

Saúdos a todos os nephilims e subterráneos! 








Ningún comentario:

Publicar un comentario