venres, 11 de xullo de 2014

Reseña: "Ámote Leo A. Estación de tránsito" de Rosa Aneiros

"Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme."


BOAS, hoxe chega Estación de Tránsito!!!!!!!!!!!

Despois do sorprendente final de "Destino Xalundes" non podía coas ganas de ler "Estación de Tránsito". Doume igual que nos atopáramos na recta final do curso, eu tiña que saber quen era aquel "vulto familiar" do que nos falaba Leo, así que cando chegou as miñas mans lin ata atopar o nome desa silueta e despois deixei o libro aparcado ata hai uns días.  

Teño que contarvos quen era o visitante porque senón morro, así que coidado, aproxímase SPOILER (redoble de tambores) era Andrés, o compoñente de Ruth e cía co que Leo tiña un rollo. Este especie de lio continúa, aínda que ningún dos dous quere dar o paso adiante para dicir que se atopan nunha relación, así que eu chámolle un lio-rollo.

Pasa un tempo con Andrés en Istambul, pero decide acompañar a Zerdali a ver a nai desta, que estaba enferma, na súa cidade natal. Zerdali era a muller que acolle a Leo mentres está en Turquía e Leo como se sinte algo mal por deixar de falarlle dende que chegara Andrés pois vai con ela.

Despois de deixar atrás a Capadocia para voltar a antiga Constantinopla, a nosa protagonista decide deixar estas terras para dirixirse á capital checa, Praga, sen compañía.

En Praga, descubrimos máis cousas sobre a súa familia e ela tamén vai descubrindo segredos sobre a mesma.

A partir daquí, a Leo quédanlle tres meses para rematar a súa viaxe. Non quero desvelarvos o que lle pasa no resto do libro, pero sí que vos vou contar os sitios que vai ver. Visita: algúns lugares de Italia e París.

Dígovos en dous lugares de Italia que vai estar, porque eu tamén estiven neles e emocioneime moitísimo ao ver que ela tamén os visitou, xa que así eu non tiña que botar man da miña imaxinación para ver as rúas polas que ela camiñaba, porque teño os meus propios recordos deses sitios.
 

Así que cando lin que ía a Roma foi xenial, Leo contaba o que vía e eu acordábame das rúas, das fontes, do sabor da pizza... de todo!!!!! (A Cidade Eterna é inesquecible).

Deume xenreira que non parara en Florencia, porque é unha cidade maravillosa e estou segurísima de que lle había encantar, sobretodo de noite.

Leo tamén vai a Venecia e describe pequenas cousas mentres se vai achegando no barco a cidade do antigo Marco Polo. E como non, imaxes e recordos fugaces dos meus compañeiros e eu comezaron a reproducirse na miña mente, dándome certo sentimento de nostalxia e de morriña. Acordeime da magnífica sensación de estar no vaporetto, das augas ao salpicarme e sobre todo, da grandeza de Venecia. Seguro que Leo tamén o sentiu, Venecia tende a ter ese efecto en ti. A nosa viaxeira tamén vai a praia de Lido e se baña no mar Adriático, eu tamén fixen iso e é tan emocionante.

Foi moi guay ler Roma e Venecia, porque así coñecín a súa maneira de ver as cousas que eu tamén vin. Se chego a estar en todos os lugares nos que está Leo e despois leo a triloxía dame algo da emoción. E mirade que xa me emociono moito vivíndoo a través dela!!!!!

Seguen as mensaxes de Ámote Leo A. aparecen en calquera lugar e estou realmente curiosa por saber quen é @ responsable delas, porque aínda non se sabe nada sobre isto!!!!

Por último, síntome na obriga de contarvos o impactada que me deixou o final do libro. Quedei literalmente sen palabras, menos mal que nese momento non estaba miña avoa presente senón aínda había pensar que me pasara algo. Realmente Rosa Aneiros sabe como deixarme coa boca aberta, xa me pasou co primeiro, pero con este aínda quedei máis descolocada. Así que espero con ansias a que o terceiro e, por desgraza, último libro desta incríble triloxía acabe nas miñas mans. Cando o teña, lereino e contareivos a miña opinión o máis axiña posible.

Xa sabedes...


Ata outra, viaxeir@s!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario