luns, 17 de marzo de 2014

Reseña: "Ámote Leo A. Destino xalundes" de Rosa Aneiros

Bos días a tod@s! Hoxe chegamos cun novo libro que comentar, estamos a falar do primeiro libro da triloxía Ámote Leo A. de Rosa Aneiros.


Catro amigos e unha gran viaxe. Este era o plan de Leo ao rematar os estudos universitarios. En cambio, todo se esborralla uns meses antes de partir, cando os seus colegas se botan atrás e Leo debe afrontar unha decisión transcendental: desistir ela tamén ou marchar soa. A encrucillada é difícil e as dúbidas afógana, pero a ansia por coñecer mundo pode máis que todos os medos. Por fin, unha mañá de xaneiro fai oídos xordos ás advertencias familiares e toma un avión con destino ao sur. Estará fóra exactamente seis meses, nin día máis nin día menos. Aquí comeza un periplo cheo de aventuras e de personaxes fascinantes no que os seus pés a levarán moito máis lonxe do que nunca imaxinara. Lisboa, Barcelona, Granada, Marrakech, O Cairo e Istambul serán as primeiras escalas desta apaixonante viaxe perseguida por unha enigmática pintada que aparece nos lugares máis insospeitados: Ámote Leo A. Quen estará detrás da misteriosa mensaxe? Será algún dos membros da extravagante tropa de Ruth á que se arrima en Barcelona? Inicia así unha engaiolante triloxía na que Leo deberá resolver estas e outras incógnitas que lle deparará o camiño, para descubrir que as cousas non sempre son como as soñamos. Ás veces resultan moito mellores.


OPINIÓN:
Grazas ao Club de Lectura Coristranca, tivemos a oportunidade de ler este libro, cheo de aventuras, de novas cidades, de novas amistades, de amor, de misterio...
Leo é unha rapariga que acaba de rematar os seus estudos e decide marchar de viaxe polo mundo cos seus compañeiros, emprendendo así unha nova aventura na que coñezerá moitos lugares e novos amigos. O único inconveniente é que os seus amigos, cos que ía facer a viaxe, bótanse atrás poñendo excusas que a Leo non lle convencen nadiña. Así que non lle queda máis remedio que emprender a viaxe ela soa. Durante seis meses.


Pero temos que dicir que ela tamén estivo apiques de non viaxar, porque houbo un accidente no que se viu implicado parte da súa familia, seu irmán quedou en cadeira de rodas e seu pai tamén quedou mal, pero os dous están vivos. Desta traxedia non sabemos moito, aínda que debeu de ser moi grave, xa que Leo pensa bastante nela e marcouna moito. Espero que no segundo libro xa nos desvele algo máis disto!

A súa primeira parada é Lisboa, da que, para dicirvos a verdade, non nos fala moito, xa que aínda ten a súa mente en Galicia e non disfruta das cousas que lle ofrece esta cidade. Así que un día decide que non pode seguir ahí e colle un avión cara Barcelona (aquí é cando empeza realmente a acción).

Neste novo destino atópase cun grupo de rapaces que se fan chamar Ruth e cía. Intégrase no seu grupo e axúdalles cos espectáculos que organizan na rúa, que lle aportan diñeiro ao grupo para poder viaxar. 

En Barcelona é onde ve por primeira vez a mensaxe de Ámote Leo A. Estas palabras vainas encontrar en moitos outros sitios polos que viaxa e Leo sospeita que quen realiza as pintadas é Andrés, integrante de Ruth e cía co que ela ten un rollo (non lle podo chamar relación, porque ningún dos dous din nunca que teñan tal cousa), pero non sabemos se realmente é el ou quen é, supoño que non o saberemos ata o final da triloxía.

Despois da "cidade de Gaudí", como ela a describe nun dos seus chíos que escribe como sinal de que sigue viva para que a familia non se preocupe, porque chama moi poucas veces a casa, diríxese a Granada, logo a Marrakesh, fai unha pequena parada no Cairo e finalmente  chega a Istambul, que é a cidade na que remata este libro. Nomeamos todas as cidades, xa que non pensamos dicirvos absolutamente nada destas paradas na súa viaxe, porque senón  xa vos estaríamos resumindo o libro enteiro e nós o que queremos que fagades é que leades este pedazo de libro.

Aínda que temos que facer unha declaración antes de rematar: ti, persoa que acabas de ler isto e estás morrendo de ganas por empezar a ler Destino Xalundes, vas acabar o libro e vas quedar en estado completo de shock, a túa cara vai ser algo como isto:


Despois da fase de shock chegará a seguinte, que sería algo así:


E finalmente acabarás lendo o segundo libro ou esperarás a que alguén o lea para que che diga algo (espero que elixas a primeira opción senón queres morrer).

Así que xa sabedes...


 Como diría Shin Chan: ABURIÑO!!! 


Ningún comentario:

Publicar un comentario