xoves, 20 de febreiro de 2014

Xa chegou ESTACIÓN DE TRÁNSITO!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!

XENTE!!!

Temos grandes noticias no panorama literario galego, está nas nosas librerías dende fai exactamente unha semaniña a segunda parte de Ámote Leo A. Sí señores nin máis nin menos que Estación de Tránsito!! 

Sabemos que estivéchedes esperando ansiosos por este gran acontecemento, coma nós. Por iso deixámosvos a foto da súa portada coa súa respectiva sinopsis.

"Abril de 2011. Un autobús percorre lentamente a Anatolia. No seu interior, Leo sente que lle ferve a cabeza nunha dura batalla entre os medos, as esperanzas e as dúbidas. Vai para tres meses que abandonou a súa casa coa intención de facer unha viaxe polo mundo adiante. Dispoñía de seis meses e seis mil euros para cumprir o seu soño de atravesar todas as fronteiras, as visibles e as invisibles, e converterse na Marco Polo que admiraba de cativa. Neste tempo, visitou cidades como Barcelona, Lisboa ou Marrakech e aprendeu a dar pasos por si mesma, con todas as satisfaccións e, tamén, todos os erros ás costas. A fantástica tropa de Ruth, ese alivio para o seu peto e desazo para o corazón, foi ata o momento a súa mellor aliada contra a morriña que lle pisa, teimuda, os calcañares. Agora, nese vehículo incómodo que atravesa Turquía, Leo ten que decidir que facer. Que visitar. Con quen. Como. A rapaza bota a man á cabeza acabada de rapar e suspira. Dende logo, esa visita inesperada en Istambul uns días antes non axuda a tomar unha decisión firme. Estación de tránsito é a segunda entrega da triloxía Ámote Leo A. Logo das peripecias de Destino xalundes, Leo deberá superar dificultades e asumir sorpresas tan marabillosas como imprevistas no seu camiño. Haberá novas cidades, novas amizades e novas pintadas para unha viaxe que parte de cero cada día. Cales serán os seus próximos pasos? Conseguirá Leo cumprir o seu soño? Acompáñaa e déixate seducir por un mundo fascinante da man da infatigable Leo A."

Tamén queremos contarvos que participamos na campaña  de Ámote Leo A. cunha pequena axuda, realizando fotos nas que se facía referencia a esta triloxía. Aquí podedes atopar algunhas imaxes que sacamos as rapazas do club de lectura Coristranca.

Saúdos!!!!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario