xoves, 13 de febreiro de 2014

Reseña: Perdona si te llamo amor de Federico Moccia

Sinopsis:

 "Niki es una joven madura y responsable que cursa su último año de secundaria. Alessandro es un exitoso publicista de 37 años a quien acaba de dejar su novia de toda la vida. A pesar de los 20 años de diferencia que hay entre ambos y del abismo generacional que los separa, Niki y Alessandro se enamorarán locamente y vivirán una apasionada historia de amor en contra de todas las convenciones y prejuicios sociales.
Una deliciosa novela sobre el poder del amor ambientada en las románticas calles de Roma. Perdona si te llamo amor es, además, una involuntaria guía alternativa de esta ciudad. Deseosos de conocer los escenarios de esta love story contemporánea, jóvenes de todo el mundo buscan los consejos que aparecen diseminados por todo el libro para descubrir donde comer las mejores pizzas o saborear los helados más exquisitos. "

                                                             Opinión:

Este libro tiña moitísimas ganas de lelo dende que vin a película, xa que pareceume unha historia de amor moi diferente das que estamos acostumados a ver na gran pantalla e ler nos libros, dada a diferenza de idade dos personaxes. 

Leveime unha gran sorpresa cando no meu último cumpleanos me regalaron unhas compañeiras este libro e a súa continuación, Perdona pero quiero casarme contigo. Foi como... 
Este Nadal rematei o libro, que sinto dicilo, fíxoseme algo longo, porque Moccia é moi descriptivo e detallista con todo e a min non me gusta que sexa tan minucioso con iso, xa que prefiro que os personaxes teñan conversacións e non que se centren en como é a zona na que se atopan e iso, pero a historia de amor dos protas e os encantos de Roma, onde se sitúa a trama, fan que quedes namorada deste moi moi moi romántico libro.

Acabeino e claro, como xa vira a maldita película, non vivín o libro coma tería que vivilo, porque, para a miña sorpresa, fixeron un gran traballo de adaptación coa historia de Nikki e Alex. Pero claro está non puxeron todo no filme e sacaron a historia paralela de Mauro e Paola, que ao meu parecer é tamén moi importante neste libro.

Despois de contar as impresións xerais da historia, quero profundizar algo máis nela.

Empezarei falando, como non, dos protagonistas principais. Nikki é unha mociña de 17 anos con moitas ganas de disfrutar da súa xuventude e vivir ao máximo, pero con moito sentido e moito máis madura para os anos que ten. Ela é unha das catro integrantes do grupo As Olas, xa que o seu grupo de amigas fanse chamar así.

Álex é un home de 37 anos que traballa como publicista nunha axencia en Roma e que está  mal pola brusca ruptura del coa súa moza de moitos anos, Elena (unha mala pécora) . É serio e responsable e non se divirte moito que digamos. Forma parte dun grupo de amigos no que todos están todos casados, menos el. 
 
Estas dúas persoas, totalmente diferentes que non pegan nin con cola, acaban xuntos, por cousas do destino (máis ben por culpa dun accidente) e suceden moitas cousas que ao final vai desembocar no namoramento dos dous. A historia destes dous é o claro exemplo de que amor non ten idade. 

Tamén nos conta un pouco da vida dos amigos dos protagonistas principais e tamén atopamos a historia de Mauro e Paola. Son dous rapaces que manteñen unha relación, el é de clase baixa, mentres que ela é unha rapaza que provén dunha boa familia. Despois ao final hai unha pequena conexión entre as vidas destes dous e as de Mauro e Paola.

Un libro que pode ler todo o mundo, con moito moito romance, lectura OBRIGATORIA para aqueles auténticos románticos!!!!!!!!! 

Xa sabedes...





Ningún comentario:

Publicar un comentario