xoves, 20 de febreiro de 2014

Películas 2014!!

Este ano ven cargadiño de novidades, pero esta vez imos ver, concretamente, tres das películas máis esperadas para o 2014:

A primeira película é, nin máis nin menos, que "Bajo la misma estrella" basada no libro de John Green. Esta é a típica historia de amor adolescente, só que neste libro os personaxes deberán enfrontarse a un enemigo mortal: o cancro...
Chegará aos nosos cines o 22 de agosto!

Aquí vos deixo o tráiler:




A segunda  película está basada no libro de ciencia ficción "Divergente" de Veronica Roth. "Divergente" preséntanos unha sociedade distópica orixinal e curiosa:



A terceira e última película é "Oscuros" basada no libro da escritora americana Lauren Kate. Oscuros é unha gran novela romántica de ánxeles caídos, dirixida ao público adolescente.


Ata o de agora o tráiler non saíu, por desgraza, pero estaremos agardando con ansias!

E ata aquí o de hoxe, cando teñamos máis novidades informarémosvos.


Ningún comentario:

Publicar un comentario