xoves, 23 de xaneiro de 2014

Reseña de Temblor de Maggie Stiefvater


Boas queridos cibernautas!!!

E aquí a nosa primeira reseña:  Temblor de Maggie Stiefvater!!  Este libro foi, por decilo dalgunha maneira ,o motor de arranque que nos fixo querer ler máis e adentrarnos a un novo mundo: o da lectura. E por iso concedémoslle a honra de ser o noso primeiro libro comentado! 

 Sinopsis:

"Cuando el amor te hace temblar en otoño, es mejor que el invierno no llegue nunca: las primeras nevadas pueden arrebatarte a quien más deseas.
Hace años, Grace estuvo a punto de morir devorada por una manada de lobos. Inexplicablemente, uno de ellos, un lobo de intensos ojos amarillos, la salvó.
Desde entonces, todos los inviernos Gace se asoma al bosque y, desde la distanca, lobo y chica se observan. Cuando llega el calor, la manada desaparece y, con ella, "su" lobo.
Pero este año, Grace deseará que el invierno no llegue y que el otoño dure para siempre.
Ha conocido a un chico; se llama Sam. Es un tipo normal, salvo por sus ojos. Son de un extraño color amarillo." 

Opinión:

De contado, souben que tiña que ler Temblor, tan só pola curiosidade de saber que contiña semellante libro con tan bonita portada. Asi que púxenme mans a obra e despois de emocionarme, de rir, de sufrir,  de chorar  e de morder as uñas da man... remateino e quedei en shock!! Alucinando!!!  Como é posible que tan só unhas palabras me deixasen así de muda? 

Este libro mezcla o xuvenil e o paranormal, sobre licántropos, pero tamén é unha preciosa historia de amor; romántica.   


Todo empezou cando Grace tiña sete anos e estaba a xogar no columpio que había no patio traseiro. Ese día unha manada de lobos atacouna e levouna ata o bosque, onde case a devoran... pero un misterioso lobo de peculiares ollos amarelos impediuno.

Anos despois, un rapaz do instituto é atacado polos lobos e decídese facer unha batida para matalos. Ese mesmo día, Grace chega a casa e encontra un rapaz malferido na súa cociña. Ela disponse a axudalo, ata que os ve... a cor dos seus ollos é amarela!

Que relación terá este rapaz co seu misterioso lobo que lle salvou a vida dez anos atrás?

Este libro lese moi rápido, xa que engancha moito. Unha das cousas chamativas deste libro é a maneira en que está narrado, tanto dende a prespectiva de Grace como a de Sam. Creo que iso axuda moito a que o libro sea máis lixeiro e levadeiro.

Definitivamente este é un libro imprescindible na estantería!!
Así que xa sabedes non? ;)




Ningún comentario:

Publicar un comentario